Etiquetas

domingo, 18 de outubro de 2015

 QUE CARA POÑEMOS?

POÑEMOS A DE ABAIXO? INTENTÁMOLO?

PRETENDEMOS DURANTE 14 ENTRADAS, ACERCARNOS ÁS FAMILIAS E ENTRE TOD@S COMUNICAR, REFLEXIONAR E POÑER EN PRÁCTICA ESTRATEXIAS, TÁCTICAS...PARA A MELLORA DO COMPORTAMENTO DOS NOSOS FILLOS E FILLAS.

Seguiremos principalmente o " Programa para la intervención en problemas de conduta infantiles", "EmPeCemos" VV.AA. Ed. TEA.

Os fins que pretendemos son:
- Entrenar na observación e supervisión das condutas dos pequenos.
- Aumentar as condutas "boas"dos nenos, prestarlles atención e premialas.
- Poñer normas e establecer límites.
- Practicar estratexias ante o mal comportamento.
- Desenvolver o autocontrol.
- Favorecer a comunicación e a relación entre pais, nais, fillos e fillas.
- Mellorar a comunicación e a relación coa escola en relación aos comportamentos dos pequenos.
- Mellorar a supervisión e a motivación dos fillos en canto ao traballo escolar e a aprendizaxe.

VEREMOS EXEMPLOS DE  ACTUACIÓNS DA VIDA REAL E PROPOÑEREMOS EN CADA ENTRADA UNHAS ACTIVIDADES PARA REALIZAR NAS CASAS E ENQUISAS PARA REFLEXIONAR.
ANIMAMOS AOS PAIS, NAIS A COMPARTIR CON NÓS ESTE TRABALLO E ESPERAMOS OS SEUS COMENTARIOS PARA GUIAR E RECONDUCIR AS ENTRADAS.

As entradas realizaránse quincenalmente ao longo deste curso escolar.

Solicitamos nesta 1ª entrada comentarios que describan problemas de conduta nos fillos e os motivos dos mesmos. Os pedimos también comportamientos simplesbos que obsrvamos nos fillos e comportamento  que queremos que teñan os mesmos.
Coas aportacións realizaremos listas.

Finalmente, podedes describir a relación que mantedes co centro e o titor/a ? Houbo algún enfrentamento polo comportamento?

QUE TRABALLEMOS TODOS NA MESMA DIRECCIÓN É IMPORTANTE,
QUE VENTAXAS TEN QUE EXISTA COLABORACIÓN ENTRE PAIS E MESTRES?

Empregaremos tamén outros recursos como poden ser vídeos, por exemplo, este de Carles Capdevila:


Suxerencias?