As veces os problemas son como unha mura de pedras que nos impiden ver aquelo que nos fai estar a gusto, aquelo que nos gusta dos outros e entón predominan as queixas sobre nós ou sobre os fillos e expresións do tipo "...non te portas ben...", "...non escoitas", "...es peor que ....",... estarei facéndoo ben?...Expresións que non axudan a quitar esa mura senón que son como coios que nos poñemos a nós ou/e poñemos aos nosos fillos.
OS PAIS/NAIS SOMOS SEMPRE PAIS/NAIS.
TEDE A SEGURIDADE DE QUE ACTUADES COMO PAIS/NAIS E DE QUE. NON HAI NINGUNHA OUTRA PERSOA QUE TEÑA ESE PAPEL COS VOSOS FILLOS
E POLO TANTO NON HAI QUEN O FAGA MELLOR QUE VÓS.
Na lista que fixemos de boas condutas dos nosos fillas subliñamos aquelas que consideramos importantes e intentamos ao longo destes días ir eloxiándoas, sobre todo aquelas que queiramos que aumenten.
Outra das tarefas a realizar é marcar, se é posible a diario, uns momentos especiais cos fillos, nos que tanto eles como nós disfrutemos. Temos que ter en conta os intereses dos nenos pero tamén os nosos.
PARA CAMBIAR AS CONDUTAS "PROBLEMA" DOS FILLOS FAISE PRECISO DESTACAR AS CALIDADES APRECIADAS DELES E DESTACAR AS SÚAS BOAS CONDUTAS.
Amosamos este vídeo "Estratexias para educar en positivo".Podemos opinar sobre o que nos aconsella?
Observemos "O CASTELO DA EDUCACIÓN"
Recordemos a frase de Oscar Wilde "A mellor maneira de facer bos aos nenos é facelos felices"
PODEMOS EMPREGAR ESAS FRASES PERO SEGURO QUE EN CADA UNHA DAS FAMILIAS EMPRÉGANSE OUTRAS PARECIDAS.
DESTAQUEMOS AS CONDUTAS POSITIVAS COMO SE SINALA NO SEGUINTE CADRO EN VEZ DE FIXARNOS NAS NEGATIVAS QUE ESTÁN AO LADO
DESTAQUEMOS AS CONDUTAS POSITIVAS COMO SE SINALA NO SEGUINTE CADRO EN VEZ DE FIXARNOS NAS NEGATIVAS QUE ESTÁN AO LADO
CONDUTAS POSITIVAS CONDUTAS NEGATIVAS
Hace las cosas a tiempo Tarda en hacer las cosas
Fala sen berrar Berra
Come de todo Non come moitos alimentos
Emprega, por favor, para pedir Pide as cousas de mala maneira
... ...
Podemos escribir outras e podemos centrarnos en algunhas e reforzar as mesmas.
A continuación proponse o visionado dun vídeo que nos fala da disciplina en positivo:
Facemos o esforzo de valorar o que fan ben os pequenos. Son moitas cousas, unicamente temos que destacalas, falar delas, poñelas á luz...