Etiquetas

martes, 11 de outubro de 2016

ESTABLECEMENTO DE NORMAS E LÍMITES

Tódalas familias establecen normas e límites na conduta dos pequenos. Somos os adultos os que establecemos as regras poñéndolles límites as nosas crianzas,
Algúns consellos prácticos ante as normas son:
- que sexan coñecidas polos fillos
- unha vez establecidas seguir adiante coas mesmas pese as posibles dificultades
- manternos calmados cando as damos
- dalas de forma educada e respectuosa con quen a recibe
- sustentar as normas na comprensión e o cariño
- esperar unha boa conduta e un cumprimento das ordes por parte dos nenos
- consecuencias firmes ante o incumprimento das mesmas para dar seguridade e estabilidade aos fillos
- non ter un número excesivo de normas senón só as necesarias

MªLuisa Ferrerós explica no seguinte vídeo porque son necesarios os límites:



COMO DEBEMOS DAR ORDES?

- DUNHA EN UNHA, DEIXANDO UN TEMPO PARA QUE POIDAN REALIZALAS
-QUE  SE ENTENDAN CLARAMENTE
-MELLOR O QUE TEÑEN QUE FACER QUE O QUE NON TEÑEN QUE FACER, POR EXEMPLO: "A LAVAR OS DENTES" QUE "NON XOGUES CO CEPILLO E A PASTA"
-DALA UNHA VEZ
-EMPREGAR O POR FAVOR
- ELOXIAR O CUMPRIMENTO DA MESMA, "ESTALO FACENDO MOI BEN"
- PREMIAR O CUMPRIMENTO, "COMO O FIXECHES TAN BEN ..."
-PÓDESE MARCAR UN TEMPO, "TES DEZ MINUTOS PARA REMATAR  ..."
-ESPERAR QUE SE CUMPRA.

TER EN CONTA O SEGUINTE CADRO:

ORDE-----OBEDECE---------ELOXIO OU PREMIO

ORDE----NON OBEDECE-----CONSECUENCIAS NEGATIVAS


Debemos ter en conta que cando establecemos normas e límites non estamos impedindo que os nosos fillos/as aprendan a solucionar os problemas por si mesmos.
Tamén temos que entender que as normas e os límites non impiden a participación na toma de decisións propias do neno e algunhas decisións familiares. Aprenden coas consecuencias que teñen as súas decisións e van desnvolvendo a autonomía e a responsabilidade.

Os pais e nais deben exercer de pais e nais non de "amigos/as" ou de "ogros", O establecemento das normas e os límites desde esa posición resulta máis fácil e doado. No caso das posicións de "amigos"e "ogros" a aceptación e cumprimento das normas resíntense por, no primeiro caso, dáse unha mengua de respècto e consecuencias. No segundo caso as normas son excesivas, as veces, non axeitadas a idade e situación ehai unha merma de afectividade. Tamén neste caso pode suceder que os fillos se habitúen a ese papel e temos que ir aumentando a negatividade con reaccións por parte dos pequenos de ataque directo ou indirecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario